19 de Outubro

Os concertos

A partir das 22:00h

Pandereteiras Bouba

As Pontraghas: Son ghuapas, bravas
Elas bailan, cantan. Tocan e ghosan
Tanto cachean patacas como pechan o Maycar
Mulleres rabudas que escrachan botellas de anís
Fan do campo da festa unha explosión de terra e dignidade

Taghaitaí

Nome exótico que soa a lago de Filipinas, polo menos!
Tocan ben e comunican mellor
Xente sana e festeira que lles gusta cantar e facer bailar
Teñen ansia e teñen xenio e tamén acordeón
Festa que alimenta. Coma unha pota de caldo!

Os tres trebóns

Íntimos amigos de Pemán, tolean as isobaras todas
Treboada pangalaica con chuzos de homes sen medo
Onde tocan tres tocan seis, ou sete…
Comen a dios pero ganan o caldo
Bailan fandango

Familia Caamagno

Elegancia e saber estar
Xente educada da mafia prisciliana
A ver que valente ten o atrevemento de non movelos pés
Empanada garage e blues roxón para rematar con dor de corazón
Final de festa ye-yé ao ritmo da caverna

Xantar

A partir das 14:00h

Regino do Malló, churrasqueiro oficial de Monfero,
engraxará toda a maquinaria para darlle de comer a un
fato de larpeiras e larpeiros
Churrasco, touciño, chourizo
Tamén vai o postre e o café con gotas
Viño do país en compaña de xente contenta!
Qué máis podes pedir!

Anotádevos ou qué vos quita!
Mandade un correo a: oabordelo@gmail.com
Ou chamade ao 679 251 163 || 667 782 774
12€ a cambio da barriguiña chea!

A nabiciña

A partir das 17:00h

Porque disque que o futuro é negro
Porque disque que somos un país de xente vella
Porque disque que na aldea non hai rapazada
Non hai grelo sen nabiza!!!

Os contos de MARÍA DA PONTAGRADA e a maxia do MAGO FIZ
encherán de alegría e esperanza o noso país pequeniño
Ademais haberá moooitas sorpresas:
Chiculate de merenda e un obradoiro de aturuxos!!
Un berro de xenio para cativos e maiores

Colabora

Aiiii non vos confiedes xente de ben
Por moito escudiño que apareza no cartel…
Qué vos imos contar! O peso non é moito,
Axúdanos a manter o grelo vizoso
Merca unha camisola bonita verdade para non perderse entre tanta escuridade
Merca unha rifa ou duas ou vinte!
E consume na de Porto, o encargado de darnos de beber
no grelo desde o principio dos tempos
Gran colaborador da nosa festa!

Onde

Mosteiro de Monfero, lugar emblemático do noso país
Non precisa explicación!
Ou pon o guuguel maps
Ou para nunha taberna preguntar!!

Vémonos alí!!! Porque o pobo que canta non morre!!!!!!


Organiza: Colaboran:


Modelos: Lois, Sabela e Xandre / Deseño e foto: Nuno / Estilismo: Pitty, Sara, Carolina / Atrezzo: Ana, Vanessa, Luis, o Jipi / Transporte: Olaia /agradecementos: Familia Vazquez-Castro, Jhon Deere.